Krees e Skrulls, os inimigos

0
201

Polo de agora non é moito o que se sabe da produción do filme dos Vingadores. O nome dos actores protagonistas non é xa ningún segredo: Robert Downey Jr. (Iron Man), Chris Evans (Capitán América), Chris Hemsworth (Thor) e Mark Ruffalo (Hulk). O director será Joss Whedon, e o persoaxe de Hulk será creado con gráficos xerados por computador. Tamén sabemos que a armadura de Iron Man será un deseño novo. Pero, que pasa co argumento? A Marvel Studios quere escoemzar a rodaxe en abril e ainda non se coñecen detalles do guión.

Por exemplo, en maio rumoreou-se que os Skrulls e mais os Kree unirían as súas forzas para converteren-se no poderoso inimigo extra-terrestre dos Vingadores. E agora esa ideia seica ven de atopar unha confirmación grazas a unha fonte próxima á produción que se está a levar a cabo en New Mexico: un xornal local dixo que “O guión dos Vingadores misturará os argumentos das películas Iron Man, Thor e Captain America: The First Avenger para que os Vingadores loiten contra duas razas alieníxenas, os Skrull e os Kree“.

O xornal non menciona como abtivo esa información, pero non semella dende logo imposíbel. O rumor dos Skrulls e os Kree de maio xa suxería que os Skrull, aliados cos Kree, lavarían o cerebro de Hulk para que loite contra os Vingadores.

Na imaxinería da Marvel Comics, os Skrull son unha raza humanoide extra-terrestre que creou un xigantesco império, o mais grande coñecido, na galáxia de Andrómeda. Son unha raza capaz de transformar-se físicamente noutros seres e ainda que comezaron a vixiar o noso planeta nos anos 30, polo de agora non teñen intención de conquistar-nos.

Pola súa banda, os Kree son outra raza humanoide extra-terrestre que ten un império na Grande Nube de Magalhães e polo de agora adicáron-se a traficar con algúns seres da Terra.