Cartos para Drácula

0
192

O empresário español de cinema e televisión Enrique Cerezo financiará en parte a nova película do mestre do terror italiano Dario Argento, a adaptación ao cinema en 3D estereoscópico da novela de Bram Stoker Dracula.

A coprodución italo-franco-española Dracula 3D, liderada por Roberto Di Girolamo e Gianni Paolucci da empresa romana Multimedia Film Prods., tamén incorpora á produtora francesa Les Films de l’Astre de Sergio Gobbi.

O filme rodará-se en inglés a partir de febreiro en Hungría e conta cun orzamento de 10 millóns de euros, segundo salientou Cerezo. A súa produtora, a Enrique Cerezo Prods., porá sobre a mesa os nomes de tres actores españois, dous actrices e mais un actor, á parte da equipa técnica e mais a financiación.

O proxecto de Argento anunciára-se no mercado internacional que se celebra en maio durante o festival de Cannes pola axéncia de vendas italiana Filmexport Group, cuxo presidente salientou que levan xa 25 anos colaborando con Cerezo tanto en labouras de produción coma de distribución.

No que respecta ao filme en si, ninguén agarda que sexa unha produción que poida chegar aos cinemas. O seu maior interese poderá radicar en que haberá un papeliño para a guapa Asia Argento, a filla do director. Algúns rumores apuntan a que Adrian Brody podería ser o protagonista.

Enrique Cerezo é o posuidor dun maior número de dereitos de autor sobre películas de cinema en España grazas á súa compañía Video Mercury Films, e agora seica está a participar dun xeito mais selectivo en diversos proxectos, que coma é habitual no seu país, non contemplan en absoluto o cinema fantástico, que non é popular entre os españois. De feito, esta é a primeira vez que Cerezo entra no cinema de terror dende que participara en 1998 na produción de Phantoms.