Os Vingadores matan rumores

0
195

Se ben nestes días todo semellan ser rumores ao redor dun dos filmes mais salientábeis para 2011, Os Vingadores, hai algúns deles que xa podemos ir descartando, porque ven de se confirmar que nin Alan Tudyk nin Demi Lovato están no reparto do filme que prepara a Marvel Studios.

A princípios desta mesma semana xurdiran algunhas voces que afirmaban que Tudyk fora contratado para interpretar ao científico Hank Pym (a identidade secreta de Ant-Man) mentres que Lovato podería facer o papel feminino secundário mais importante (após da Viúva Negra, que interpretará Scarlett Johansson) e mesmo especulába-se que podería ser a muller de Pym, Janet Van Dyne (a identidade secreta da Vespa).

Edgar Wright, cuxo nome ainda está vencellado á dirección do filme Ant-Man, dixo á prensa que “para min é novo” ao respeito da participación de Tudyk. Os representantes tanto da Marvel Studios coma de Lovato negaron igualmente a relación da actriz con este proxecto.

Os rumores especulaban que tanto Hank coma Janet estarían adicados no filme a crear a Ultron, o superfalcatruán que é inimigo mortal dos Vingadores, e que aparecerían na secuéncia final do filme, xusto despois dos títulos de crédito, e coma adianto do que será a seguinte película.