O Bruto nas pantallas grandes

958

The GoonA Dark Horse Entertainment, David Fincher e mais a produtora de debuxos animados Blur Studios unirán as súas forzas para desenvolver unha versión cinematográfica do cómic de culto The Goon (O Bruto) en forma de filme de animación.

Creado por Eric Powell en 1999, o cómic vai sobre as aventuras dun bruto musculoso que afirma ser o principal matón dun temido gángster. As histórias teñen un toque entre paranormal e cómico e nelas participan pantasmas, zombies, científicos tolos e monstros que queren invadir a sua zona na cidade. O seu meirande inimigo é o Pope Zombie e a sua banda de non-mortos, un capo mafioso que quere apoderar-se da cidade. O Bruto gañou en 2005 o prémio Eisner á millor série regular e á millor publicación de humor. En Galiza póde-se atopar nas librarías xa que foi publicado por Norma Editorial, iso si, en español.

Powell, que deu a nova no seu sítio Web o pasado día 2 de xullo, será o guionista do filme, e Fincher o produtor.

Ainda non hai ningún estudo importante após deste proxecto, pero seica hai vários interesados.