Hawkeye quere sair en Thor

0
181

Ainda que os rumores que apuntaban cara a un cameo de Ant-Man en Os Vingadores foran ao final incertos, hai ainda unha parte deles que fica en pe sobre o reparto e que semella ter mais visos de realidade respeito a outro persoaxe: Hawkeye. Así, o arqueiro Ollo-de-Falcón podería ter un cameo no filme Thor da Marvel Studios.

Jeremy Renner, que interpretará ao persoaxe en Os Vingadores, xa mencionara este cameo o pasado ano 2009 nunha entrevista, pero pouco despois desmentiu parcialmente as súas própias palabras, decindo que a súa cita foi sacada fóra de contexto.

Nombergantes, agora, unha fonte interna que afirma que tivo acceso a unha primeira versión do filme Thor confirmou que Hawkeye aparece na metraxe, e que nombergantes, Nick Fúria non, se ben non entrou en mais detalles sobre o uniforme de Hawkeye nin tan sequera de se aparece como tal ou na súa identidade secreta. Pola súa banda, nin a Marvel Studios nin a Paramount Pictures confirmaron nin denegaron os rumores.