Casper quere regresar

0
155

A produtora Classic Media está a manter conversas coa Amblin Entertainment e mais coa Universal Pictures para desenvolveren unha nova longametraxe con acción real baseada no popular persoaxe orixinal da Harvey Comics Casper a pantasma amigábel, coñecida en Galiza grazas á série de televisión emitida hai anos pola TVG.

Casper convertéra-se xa en 1995 nun éxito mundial cando foi levado ao cinema da man dun filme de grande orzamento que acadou uns 300 millóns de dólares de benefícios nos despachos de billetes en todo o mundo. Dende aquela, nombergantes, o persoaxe foi relegado a filmes que foron directos ao mercado de aluguer de DVD ou á súa série de televisión para nenos en canles infantís.

A Classic Media quére-lle dar púlo a Casper e pretende un lanzamento nas salas de cinema. Ademais está a lle dar voltas a outros persoaxes da Harvey Comics coma Little Dot.