Finou a actriz de ciéncia-ficción Anne Francis

0
232

Anne Francis, a estrela do filme de ciéncia-ficción Forbidden Planet, finou o pasado domingo en Santa Barbara (Califórnia) aos 80 anos de idade. A súa morte produciu-se tan só cinco semanas despois da de Leslie Nielsen, con quen participou no devandito filme de culto en 1956.

Francis, nada en New York en 1930, actou xa dende cativa en Broadway. En Hollywood protagonizou xunto a Spencer Tracy o filme Conspiración de silenzo e Semente de maldade, que fixo famosa a canzón Rock Around The Clock interpretada por Bill Haley. Nombergantes, foi Forbidden Planet a obra que a fixo famosa en todo o mundo, se ben nunca chegou a se converter nunha das grandes estrelas de Hollywood.

Entre as moitísimas aparicións en telefilmes e séries de televisión que a fixeron popular entre os afeccionados ao xénero podemos atopar Fantasy Island, Conan, Mazes and Monsters, Greatest Heroes of the Bible, Wonder Woman, The Invaders ou The Twilight Zone.