A Xunta malgasta os cartos nunha exposición de extra-terrestres

1534

El diseñador de Especies é unha exposición sobre a suposta semellanza de formas homínidas no universo que acollerá a Casa de Galicia en Madrid do 12 ao 29 de xaneiro de 2011, patrocinada pola Xunta de Galiza e coa intención de dar a coñecer os traballos seudocientíficos do recoñecido friki Heriberto Muela, álias Herikberto M.Q.

La teoría de los diseños coincidentes é un libro no que Muela, autodenominado “deseñador do futuro, artista e astrobiólogo“, asegura que a evolución das espécies do cosmos é moi parecida. Segundo o mesmo autor, un artista gráfico que pretende facer pasar por científicos os seus traballos plásticos, a súas obras exploran a teoría dos deseños coincidintes, segundo a cal todas as formas de vida intelixente no cosmos son moi semellantes. O pretendido revolucionário da ciéncia contará cos cartos dos impostos de todos os galegos para continuar vendendo as súas histórias de fantasía coma se fosen reais.

Heriberto Muela Quesada naceu en Ourense en 1958 e en 1966 trasláda-se a Madrid. Alí especializou-se en artes plásticas e pinturas. Tamén é autor dunha série de libros infantís: El Hombre del Traje Blanco, baseado nunha história con extra-terrestres. O propio autor asegura deste libro que “está inspirado na própia vida do artista, e ten un transfondo realmente misterioso, posto que relata extrañas experiéncias xuvenís que tivo o autor e a sua família cunha civilización extra-terrestre“.

Co paso do tempo, Muela descubriu que “os supostos extra-terrestres forman parte dun experimento sociolóxico realizado por científicos, que consiste en estudar os comportamentos psicolóxicos de vários grupos humáns que entran en contacto cunha suposta civilización extra-terrestre“.

A partir dos 90 viu as portas abertas grazas a que moitos humoristas e friquis da televisión ofrecían bochornosos espectáculos nas novas canles privadas de televisión. Así, ten concedido várias entrevistas e aparecido en programas como o dirixido por Andreu Buenafuente en La Sexta ou Iker Jiménez en Cuatro.