Seica por fin a Paramount ven de tomar unha decisión sobre quen van protagonizar o seu proxecto Hansel and Gretel: Witch Hunters, un filme de acción que misturará o drama e mais a fantasía para adaptar o popular conto de fadas dos irmáns Grimm e que narrará as aventuras dos protagonistas do conto orixinal cando anos despois, xa maiores, traballen coma cazadores de recompensas. Así pois, Jeremy Renner, quen xa estaba vencellado ao proxecto, será acompañado por Gemma Arterton, a coprotagonista feminina.
O director Tommy Wirkola (Dead Snow) agarda poder escomezar a rodaxe en Berlín a partir do vindeiro 7 de marzo.
Diane Kruger (Inglourious Basterds), Eva Green (Casino Royale) e Noomi Rapace (Os homes que odiaban ás mulleres) estaban até agora na lista de candidatas, pero Arterton (Prince of Persia: The Sands of Time, Clash of the Titans) fíxo-se ao cabo co cobizado papel.
A rodaxe deberá axustar-se a unha axenda moi apretada, porque o director Renner ten o compromiso de facer The Avengers tan só oito semanas despois de que remate a rodaxe da longametraxe da Paramount Mission: Impossible: Ghost Protocol, polo que Hansel and Gretel: Witch Hunters deberá facer-se un óco entre ambas producións.
A Paramount ten moito interese en se adiantar ao proxecto da Fox Abraham Lincoln: Vampire Hunter, cuxo director Timur Bekmambetov escomezará a rodar en 3D este ano coa vista posta nunha estrea o 22 de xuño de 2012. O proxecto, que conta cun orzamento de 69 millóns de dólares, é a grande aposta da Fox para a fin de semana de Halloween, e a Paramount quere ter algo para esas mesmas datas e que poida competir polo mesmo público, xa que o seu otro proxecto, a segunda parte de Paranormal Activity, será un filme de baixo orzamento. Pola súa banda, a Warner Bros. ten xa preparada a unha lexión de estrelas protagonizando Contagion, dirixida por Steven Soderbergh, mentres que a Lionsgate dispon-se a lanzar o filme producido por Sam Raimi Dibbuk Box o 28 de outubro do ano que ven.