McG no taboleiro de Ouija

0
187

O realizador McG (Terminator Salvation) ven de escomezar as negociacións para se facer por fin co traballo que estaba a procurar e todo indica que será el o encargado de se sentar na cadeira de director do filme Ouija que producirán os estudos Universal.

A adaptación que planean os estudos do clásico xogo de mesa da Hasbro para esconxurar os espíritos dos mortos levaba moito tempo á busca dun director axeitado e as últimas novas que chegaron foran que xa antes do nadal McG presentou aos executivos da Universal a súa visión para o proxecto, que conta cun guión dos autores de Tron: Legacy Edward Kitsis e Adam Horowitz e que será producido pola Platinum Dunes de Michael Bay.

McG tivo que competir contra o director de The Crazies, Breck Eisner, quen puido facer a súa presentación tan só unha semana antes que o realizador de Terminator Salvation.

Os detalles do argumento ainda non se deron a coñecer, se ben o filme foi descrito coma unha aventura sobrenatural polos catro costados e centrada ao redor dunha família, que contará con influéncias de A Múmia e Indiana Jones.