A dobraxe galega de Espirito do bosque, a terceira longametraxe de animación 3D de Dygra Films, distribuída en España por Manga Films, rematou a semana pasada coa participación de actores coma Carolina Vázquez, Consuelo Díaz, Óscar Fernández e Xoán Diéguez. A película estreará-se nos cinemas o vindeiro 5 de setembro.
Consuelo Díaz Isorna será a voz da decidida e valente Linda; Carolina Vázquez Diéguez interpretará a Cebolo, a tímida e asustadiza toupa recén chegada da cidade; e Óscar Fernández Rodríguez e Xoán Dieguez Vázquez serán Hu-Hu e Ho-Ho, as divertidas e inseparábeis moscas.
David Rubín e Juan Carlos Pena dirixen esta trepidante história de aventuras familiar na que se reflexa unha explícita mensaxe ecoloxista na defensa dos bosques, xa que Furi e os seus amigos deberán loitar con todas as súas forzas contra a señora D’Abondo no seu empeño por acabar co bosque.
Neste filme, un poderoso home de negócios pretende construír unha estrada e a Sra. D’Abondo ve a súa oportunidade para acabar co bosque. Os animais teñen que fuxir, pero as toupas Furi e Linda e mais o rato Piorno non pensan renderse, e tampouco Cebolo, unha toupa asustadiza recén chegada da ciudade. Cando descubren de que ten medo a Sra D’Abondo, Furi propón dar “vida” ao espírito do bosque.