Prémios do Festival Marienbad

0
186

Nebulosa 5Nestes días celebrou-se na Coruña a 2ª edición do Festival de curtametraxes fantásticos Marienbad, no que o principal galardón do evento foi para El ataque de los robots de Nebulosa 5 de Chema García Ibarra.

Nebulosa 5 é unha curtometraxe de ciéncia-ficción de seis minutos de duración; foi escrita e dirixida polo ilicitano Chema García e podéde-la visionar nesta ligazón. Conta xa con numerosos prémios e participacións en festivais españois.

Pola súa banda, a curtametraxe Auga, dirixida polo galego Ozo e que conta co apoio financeiro da Consellaría do BNG, levou-se o segundo prémio, mentres que o terceiro foi para a curta animada El príncipe de las basuras de Francisco Antonio Peinado.

Auga é unha curtametraxe galega de terror dirixida polo realizador coruñés (pero afincado en Vigo) Ozo en 2007. Conta con Marcos PTT e David Perdomo nos papeis protagonistas, e podéde-la descargar dende esta ligazón. El príncipe de las basuras conta asemade cunha Web de seu.