Morreu o director Juan Piquer Simón

0
190

O cineasta español Juan Piquer Simón, clásico director de longametraxes de terror coma Slugs (1988) e La grieta (1990), ven de morrer en Valéncia aos 74 anos e após dunha longa enfermidade.

Nado en Valéncia en 1936, rematou asemade unha extensa carreira que o converteu nun dos principais expoñentes do cinema fantástico en España e que lle outorgou prestíxio abondo como para se encargar da dirección da Mostra Cinema do Mediterráneo en Valéncia. Piquer posuía os seus própios estudos idnependentes en Madrid, e deseñaba el mesmo os efectos especiais para os seus filmes.

Director e productor, moitas das suas películas estreáron-se nos Estados Unidos, ocasionando a envexa dos outros directores españois, quen nunca puideron entender que a chave do éxito no mercado americano é o cinema de xénero. En España a censura fascista impediu-lle mesmo obter o carnet de director imprescindíbel para poder traballar

Así, Piquer, sen grandes orzamentos, fíxo-se un óco na série “B” e acadou boas recadacións, chegando a traballar con actores coma Terence Stamp, a quen dirixiu en Misterio en la Isla de los Monstruos (1981).

A súa filmografía só contén cinema de xénero a partir dos anos 70, e son clásicos de culto do cinema de terror gore recentemente remasterizadas nos Estados Unidos por Bob Murawski e a Grindhouse Releasing. Viaje al centro de la Tierra (1976), Supersonic Man (1979), Mistério en la isla de los monstruos (1981), Los diabos del mar (1982), Mil gritos tiene la noche (filme de 1982 mais coñecido polo seu título inglés Pieces), The Pod People (1983), Guerra sucia (1984), Slugs (1988), Cthulhu Mansion (1990), The Rift (1990), La isla del diabo (1994) e Manoa (1999). A súa derradeira película foi Pieces of Juan, unha entrevista na que fala dos seus filmes, da súa vida e da súa carreira.