Confirmado o regreso de Galdalf e Gollum

0
130

Xa é oficial: Andy Serkis e Sir Ian McKellen, que interpretaron a Gollum e Gandalf respectivamente na triloxía de O Señor dos Anéis, repetirán os seus papéis en O Hobbit. Após do regreso de Elijah Wood e Cate Blanchett e á oferta lanzada a Orlando Bloom, xa só fica por saber se Christopher Lee (Saruman) e Ian Holm (Bilbo de vello) estarán de volta nesta precuela.