A vella pero sempre nova heroína dos nenos Pippi Långstrump (coñecida en España coma Pepita Calzaslargas) podería disfrutar dun remake grazas á axuda de Debra Granik, a realizadora de Winter’s Bone.
No decurso dunha entrevista concedida á prensa de Los Angeles, Granik revelou que xunto á súa parceira en labouras de produción Anne Rosellini está a co-escribir o primeiro esbozo para unha longametraxe que porá a Pippi nas pantallas de cinema.
A escritora sueca Astrid Lindgren escribiu nos anos 40 a saga infantil de Pippi Långstrump sobre unha nena de nove anos moi pouco convencional e dotada dunha forza sobrehumana, á que lle gusta burlar-se dos adultos cos que se atopa, especialmente aqueles que son presuntuosos e autoritários.
O persoaxe foi adaptado moitas veces á televisión e mais ao cinema ao longo dos últimos sesenta anos, sendo a mais famosa a série de televisión dos anos 70 protagonizada por Inger Nilsson, pero cómpre salientar que a mediados da mesma década os artistas de manga Hayao Miyazaki (A Princesa Mononoke) e Isao Takahata (Grave of the Fireflies) estiveron moi interesados en facer unha versión anime do persoaxe. Mesmo chegaron a se entrevistar coa autora, pero ao cabo non acadaron o seu permiso e o proxecto tivo que se cancelar.