A novela de Gregory Maguire Wicked: The Life and Times of the Wicked Witch of the West, que inspirou o famoso musical de Broadway Wicked, será a fonte dunha nova minisérie de televisión de oito horas de duración que desenvolverá a canle ABC.
Salma Hayek será a produtora e Erk Jendersen (Band of Brothers) encargará-se de escribir o guión desta série, que os produtores insisten que estará moi baseada na novela e non no musical, polo que non conterá números musicais coma Defying Gravity. Isto sinifica que será esencialmente unha precuela da saga de libros de L. Frank Baum sobre os mundos do meigo de Oz.
O anúncio non ten ren que ver coa decisión anteriormente desvelada pola Universal de rodar unha película baseada, esta vez si, no musical, ou nos moitos filmes anunciados para os vindeiros meses sobre o meigo de Oz que preparan moitos estudos.