O Desafío non será en Marte

735

O produtor Neal Moritz ven de revelar nunha recente entrevista que xa está confirmado que Colin Farrell interprete a Douglas Quaid no vindeiro remake de Total Recall (Desafío Total) na Sony Pictures, pero que non debemos agardar moitas semellanzas co filme orixinal de Paul Verhoeven de 1990.

Así, o plan seica é atér-se o mais posíbel ao conto orixinal de Philip K. Dick We Can Remember It for You Wholesale no que está baseada a anterior película. E iso sinifica que non veremos a Marte: “É mais próxima ao libro, a grande diferéncia é que non iremos ao espazo. En lugar de ser unhanave espacial que nos leva a outro planeta, hai algo que nos leva dun lugar a outro do planeta, iso é realmente interesante“.

Parte do plan é amodar-se moito mais ao noso mundo actual: “É un mundo real, un mundo futuro real, onde as cidades ficaron tan superpovoadas que se constrúen cara arriba, arriba, arriba… Interepretarémo-lo coma un mundo real, pero con todos os avances tecnolóxicos“, dixo Moritz.

Finalmente, tamén confirmou que o filme rodará-se en 2D: “Non imos facer Desafío Total en 3D. Decidimos que iso sería demasiado“. En calquera dos casos, a rodaxe escomeza en maio.