As especulacións sobre o casting de The Dark Knight Rises, a terceira entrega da saga de Chris Nolan sobre Batman, veñen de medrar expoñencialmente nos últimos días, e xa son moitos médios os que aseguran que Eva Green e Naomi Watts son os novos nomes que deberán sumar-se á lista de candidatas a protagonizar o filme, todas elas salientábeis actrices que veñen a confirmar que aparecer nun filme de Batman deixou de ser algo vergoñante.
Pola súa banda, os rumores indican que Anne Hathaway, Keira Knightley, Jessica Biel, Kate Mara e Charlotte Riley participarán en probas para diferentes papéis durante as vindeiras dúas semanas. Gemma Arterton tamén estaba na lista pero a súa mais ca asegurada participación en Hansel and Gretel: Witch Hunters descalifíca-a polo de agora.
Asemade, fontes internas da produción din que haberá un novo modelo de Batmóbil, que será unha versión lixeiramente mais elegante do Tumbler que resultou destruido no anterior filme, metres que a Batcova disporá dunha nova fasquía, cun novo computador e áreas de almacenamento.
Por suposto, absolutamente nada de todo o anterior foi confirmado pola produtora, que polo de agora limitou-se a relembrar que a rodaxe non escomezará até dentro de catro meses e que durará até o vindeiro 28 de novembro.