007, o regreso oficial

767

Unha nota de prensa oficial da MGM ven de confirmar por fin a boa nova que estabamos a agardar sobre o regreso de James Bond á pantalla grande. Segundo o comunicado, Michael G. Wilson e Barbara Broccoli da EON Productions, xunto a Gary Barber e Roger Birnbaum, copresidente e CEO da Metro-Goldwyn-Mayer, anúncian que a 23ª entrega da série de James Bond comezará a súa produción a finais de 2011, coa vista posta nunha estrea que deberá producir-se para o 9 de novembro de 2012.

Como xa estaba anunciado, Daniel Craig regresará ao papel do lendário axente secreto británico, con Sam Mendes dirixindo un guión escrito por Neal Purvis, Robert Wade e John Logan.

Nas últimas novas rumoreába-se que o actor de teatro Simon Russell Beale, a quen puidemos ver interpretando ao novo ministro do interior inglés na série da BBC Spooks, podería interpretar o papel de vilán neste filme.