Missile Command ao cinema

0
168

Burk Sharpless e mais Matt Sazama, quen recentemente escribiron o guión para o futuro relanzamento de Flash Gordon e co-escribiron o de Dracula Year Zero, serán os encargados de adaptar ao cinema o clásico videoxogo dos anos 80 da compañía Atari Missile Command nunha longametraxe que producirán a 20th Century Fox e mais a Chernin Entertainment.

Con este, xa son tres os proxectos para o cinema que versionarán distintos videoxogos da compañía xaponesa. Os dous anteriores son Asteroids da Universal Pictures e Rollercoaster Tycoon da Sony Pictures Animation.

Missile Command é un videoxogo de tipo arcade que vendeu mais de 20 millóns de cópias en todo o mundo, pero non ten un argumento de seu, senón tan só un escenário de combate no que os xogadores deben defender cidades que están a ser destruídas por unha chúvia de mísiles.

Peter Chernin e Dylan Clark serán os produtores.