A Ma-Ma do Xuíz Dredd

0
205

Lena Headey (Terminator: The Sarah Connor Chronicles) ven de se unir ao reparto de actores que protagonizarán o filme Dredd, actualmente xa en rodaxe.

Headey, que comezou a súa participación en Sudáfrica a semana pasada, fará o papel da desfigurada Madeline Madrigal (álias Ma-Ma) que é a líder dunha banda e a principal vilán deste filme.

No reparto xa están Karl Urban no papel do xuíz Dredd e Olivia Thirlby coma Cassandra Anderson. Pete Travis está a dirixir a partir dun guión de Alex Garland e a estrea está prevista para primeiros de 2012.