Título orixinal: Reliquary
Douglas Preston e Lincoln Child
Editorial Plaza & Janés, 1997
Idioma: Español
Continuación da saga escomezada en O ídolo perdido (a novela que deu orixe á película The Relic), desta volta atopámonos tan só uns anos despóis de que os anteriores sucesos aterrorizaran ó grupo de investigadores do museo.
Os escenários serán os túneles abandoados do metro e a rede de sumidoiros, que son a casa de milleiros de vagamundos baixo o chan de New York. E cando unha chea deles comeza a aparecer espantosamente mutilados, ninguén toma cartas no asunto, atá que entre eles aparece tamén a filla dun importante millonário da cidade.
Un torpón policía, que debe ser curmán de Blopps, encarrégase do asunto, inda que por suposto o verdadeiro heroe é outro, o que no anterior libro xa resolvera o asunto, o tenente Vicent D’Agosta.
Xunto a el estará a antropóloga Marlo Green, o xornalista entremetido Bill Smithback, e uns cantos persoaxes mais, entre os que non fallan os clásicos mendigos comedores de ratas (“coellos de túnel”).
Unha novela chea de acción e con boas doses de mistério, que lle dá unha completa volta de rosca ó anterior libro, do que ningunha das súas teorías ficará en pé ó rematar. Ao cabo, a demostración de que afortunadamente, a colaboración Child-Preston dá moito máis de si do seu libro que xa tivemos que comentar anteriormente, Nivel 5.