Embrión, remake xaponés á española

0
252

EmbriónEmbrión será o primeiro remake dun filme xaponés feito en España. O director Gonzalo López encargará-se de versionar Taiji ga mitsuryosuru toki, unha brutal película de violéncia de xénero creada polo director Kôji Wakamatsu en 1966.

O filme español aproveitará o tirón da actual loita contra os malos tratos ás mulleres e estará protagonizado por Sergio Bernal e Mariona Tena. Carlos (Sergio Bernal) é un rapaz cun trauma sexual que rapta a unha muller que traballa con el. O que nun princípio ía ser un encontro casual de sexo convírte-se nun pesadelo cando ela descubra que a verdadeira intención del é secuestra-la. Durante o secuestro, a tensión sexual e a violéncia farán que ambos os dous muden a súa forma de ver a vida. O sítio web oficial contén máis información ao respeito.

Pola súa banda, o anime orixinal é unha mistura de desacougante violéncia e dorósa violéncia visual, na que unha muller é retida coma prisioneira nun apartamento, onde será repetidamente humillada, golpeada e torturada por un sicópata.