Os monos de Bollywood

0
165

A DreamWorks Animation está a desenvolver Monkeys of Bollywood, un filme de debuxos animados coa fasquía das producións musicais índias de Bollywood ambientada en Mombai e baseada no poema épico índio O Ramaiana.

A história desta adaptación ao cinema vai sobre dous monos que tentan deter a un antigo demo, que quere conquistar o mundo.

O compositor de Slumdog Millionaire A.R. Rahman, o letrista de Broadway Stephen Schwartz e mais o matrimónio de produtores composto por Gurinder Chadha e Paul Berges (Bend it Like Beckham, Bride and Prejudice) estarán todos vencellados ao proxecto, que xa conta coas benzóns precisas para escomezar a súa produción canto antes.