Morgan na caixa dibbuk

0
166

Jeffrey Dean Morgan (Watchmen) será o protagonista no novo filme do danés Ole Bornedal, o thriller de terror Dibbuk Box que producirán os estudos Lionsgate.

A longametraxe será un filme baseado no artigo do xornalista do Los Angeles Times Leslie Gornstein titulado Jinx in a Box, e nel Morgan dará vida a un pai recentemente divorciado cuxa filla mais pequena desenvolve unha misteriosa conexión cunha caixa de madeira que mercou nun mercadiño caseiro.

O pai descobre que a cousa é de feito unha Caixa Dibbuk, un obxecto da tradición xudea e do leste de Europa que contén unha entidade diabólica que está a procurar a un ser humán para se apoderar del.

Juliet Snowden e Stiles White (Knowing) escribiron o guión, mentres que Sam Raimi e Rob Tapert están na produción. Agárda-se que a rodaxe dea comezo axiña porque a data de estrea debe ser o 28 de outubro.