Depp e Rossio, na quinta

0
193

Terry Rossio, ún dos coguionistas das tres anteriores entregas da saga dos Piratas do Caribe e da vindeira cuarta parte, ven de asinar o acordo polo que se converte no encargado de escribir o libreto da quinta película na famosa série da Disney Pictures.

Ademais desta saga, Rossio e mais o seu compañeiro Ted Elliott foran os guionistas de filmes coma Shrek, The Mask of Zorro e Aladdin. O curioso é que Elliott non estará, alomenos polo de agora, na quinta parte dos Piratas do Caribe. Non se coñecen os motivos.

Ainda non hai un director para a quinta parte da saga mais famosa e lucrativa da Disney dos últimos tempos, pero si que se sabe queo seu protagonista, o actor Johnny Depp dixo nunha recente entrevista que xa tivo algunhas conversas para estar na nova entrega, e que se se fai, el está disposto a participar: “sempre que poidamos poñer xuntas todas as pezas do puzzle, eu sen dúbida consideraría-o“, salientou.