Spiderman volverá ter lanzarredes

0
166

As novas fotos en alta resolución feitas públicas a semana pasada sobre a rodaxe de Spiderman revelaron un novo troco no home araña e volve ás orixes dos cómics: un mecanismo no pulso para lanzar redes. A actriz Emma Stone confirmou que os obxectos metálicos vistos nos pulsos de Peter Parker son un mecanismo e non o resultado dunha mutación pola trabadura da araña, coma nas tres películas de Sam Raimi.