Downey Jr. será Mr. Peabody

0
206

Robert Downey Jr. será quen poña a voz ao xenial can falante protagonista da adaptación ao cinema da clásica série de debuxos animados Mr. Peabody and Sherman, que a DreamWorks Animation quere converter nunha longametraxe de animación en 3D.

Nos debuxos animados, que eran parte do programa orixinal Rocky e Bullwinkle e Amigos, emitido hai xa anos pola TVG, Mr. Peabody e mais a súa mascota, un rapaz chamado Sherman, utilizaban unha máquina do tempo para viaxar a través de distintas épocas e descubrir cousas novas sobre figuras históricas. O papel de Sherman, un rapaz inocente e algo aparvado, ainda está por determinar.

Rob Minkoff (The Haunted Mansion) dirixirá a partir dun guión de Jeffrey Ventimilia e Joshua Sternin. A estrea está prevista para 2014.