Finou Thomas M. Disch

0
327

Thomas S. DischO escritor americano Thomas M. Disch, autor de clásicos da ciéncia-ficción coma Campo de concentración, 334 ou Os Xenocidas suicidou-se o pasado día 4 de xullo no seu apartamento de New York aos sesenta e oito anos de idade. O seu corpo foi atopado por un amigo que vivia no seu mesmo bárrio. Seica Disch levaba tempo deprimido, especialmente dende a morte do seu amigo Charles Naylor. Tamén estaba desacougado polos problemas derivados dun posíbel desafiuzamento do apartamento no que vivira durante as últimas décadas.

Disch foi ún dos escritores máis salientábeis da New Wave na ciéncia-ficción dos anos 60. Nos 80 escribiu sobre todo terror (desta época é O executivo). En 1999 gañou o prémio Hugo á millor obra de non-ficción polo ensáio The Dreams Our Stuff Is Made Of, así coma o Prémio Locus.