Volver adestrar ao dragón

0
161

Tim Johnson, produtor executivo dunha das mais agradábeis sorpresas do ano pasado, o filme de debuxos animados How to Train Your Dragon, ven de revelar novos detalles ao respeito da nova e moi agardada secuela que a Dreamworks está a preparar para a súa estrea en 2013.

Johnson dixo que “pódo-vos dicir que Dean DeBlois, un dos dous directores do primeiro filme, aceptou dirixir a secuela. Xa están todos moi asustados polas perspectivas. El presentou o guión hai un par de semanas, e agora estamos a tentar adiviñar como imos levar a cabo o seu alcance. É bó analisar a história, as localización, os novos persoaxes no filme que quere, e entender como imos obter todo iso“.

Ademais engadiu que sobre o calendário de produción “agardamos te-lo completo no outono de 2013. Así que un pouco menos de tres anos. Para a animación, iso vai rápido, pero para unha secuela, é unha cantidade de tempo razoábel. Normnalmente leva catro anos ou mais para un filme orixinal, e a maior parte dese tempo á para deseñar os escenários, os persoaxes, as córes. Para a secuela, eses problemas xa foron resoltos“.

Johnson tamén dixo que xa veñen de escomezar a produción para a vindeira série de debuxos animados para a televisión que agardan que poida emitir-se no decurso de 2012. O seu tón será “mais escuro, mais dramático, coma o filme” no canto de ser un programa para nenos, que moitos xa daban por feito. Tamén probábelmente tratará sobre novos persoaxes e un novo escenário – “Non queremos, nombergantes, ambienta-lo no mesmo periodo do filme. Exploraremos ese mundo, se cadra presentando algo novo cada no. É un formato diferente, con histórias diferentes. Fixemos unha curta para o DVD que é moi divertida, e axudounos a entender en que dirección debemos ir“.