Sedgwick tamén abre a caixa

0
176

Kyra Sedgwick (The Closer) ven de asinar para se unir a Jeffrey Dean Morgan no thriller dirixido por Ole Bornedal Dibbuk Box na Ghost House Pictures e a Lionsgate.

Sedgwick interpretará a unha nai cuxa filla mais pequena fica enganchada a unha antiga caixa de madeira atopada nun mercadiño caseiro. O comportamento da rapaza escomeza a ser cada vez mais errático até que os seus pais divorciados descrifran os debuxos tallados na madeira da caixa e descubren que contén un demo que está espreitando para poder sair e devorar ao dono do obxecto.

Juliet Snowden e Stiles White escribiron o guión deste filme, que conta coa produción de Sam Raimi e Rob Tapert. A rodaxe debe escomezar axiña porque a data de estrea será o 28 de outubro deste mesmo ano.