Cronocrimes na Dreamworks

0
174

Os dereitos para facer o remake hollywoodense de Os Cronocrimes, o filme español de 2007 que mália contar cun baixo orzamento acadou moi boas críticas aló polo 2007, veñen de seren transferidos da United Artists á DreamWorks.

O filme orixinal é un thriller de ciéncia-ficción moi complexo, no que un home debe regresar atrás no tempo repetidas veces para tentar evitar unha série de acontecementos que levarán a cometer un crime.

O eloxiado guionista Steve Zaillian (The Irishman, The Girl with the Dragon Tattoo, Moneyball) comprometeu-se a reescribir o libreto que entregou Tim Sexton hai xa meses, pero que seica non convenceu a ninguén nas produtoras. Zaillian tamén estará na produción, xunto a Agnes Mentre.

Nacho Vigalondo, guionista e director do filme orixinal, será nesta ocasión o produtor executivo.