Knightley entra en Cosmopolis

0
194

Seica Keira Knightley (Piratas do Caribe) podería ser quen sustitúa a Marion Cotillard en Cosmopolis, o vindeiro thriller de ciéncia-ficción que David Cronenberg rodará na Alfama Films.

Cotillard tiña adxudicado o papel protagonista feminino, o dunha muller namorada do persoaxe que interpretará Robert Pattinson. Nombergantes, a recentes novas que indican que Cotillard está embarazada sinifican que por motivos óbvios non estará dispoñíbel para chegar ao comezo da rodaxe en maio, após de que remate a súa participación en Breaking Dawn.

Agora, a produtora Alfama Films ven de publicar unha foto de Knightley no sítio web oficial adicado á película, xunto ao rostro de Pattinson. A elección de Knightley non é unha grande sorpresa, porque Cronenberg ven de rematar a rodaxe de A Dangerous Method xunto a ela.