Depp por Downey Jr. en Oz?

0
221

Robert Downey Jr. non participará finalmente no filme Oz, the Great and Powerful, a precuela sobre os mundos do meigo de Oz que vai dirixir Sam Raimi para a Disney Pictures.

A história vai sobre un xoven ilusionista cun grandísimo ego que é obrigado a fuxir e unir-se a un circo. O seu globo de aire quente é arrastrado por un tornado até o país de Oz, governado polas máxicas bruxas. Alí axiña converterá-se no coñecido Meigo de Oz.

Segundo din, os estudos están agora tentando convencer a Johnny Depp para que tome o relevo de Downey e se poña a túnica de meigo que deixou vacía. O filme,que conta coa produción de Joe Roth, debe entrar na fase de rodaxe na segunda metade deste ano.

Se Depp pecha o trato, sinificará que a adaptación de The Lone Ranger que preparan os estudos deberá adiar-se ou deberán atopar alguén que faga o papel de Tonto, o axundante do Ranger, que Depp ía interpretar.