Sindbad en Marte

0
187

A Morningside Entertainment ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a banda deseñada da editorial Bluewater Comic Sinbad: Rogue of Mars e planea adapta-lo para facer unha película fantástica de acción épica e estrea-la en 2012.

Rogue of Mars é mais ben unha secuela posta ao día e non un relanzamento, que continúa os filmes que deron comezo en 1958 con The 7th Voyage of Sinbad, e continuaron en 1974 con The Golden Voyage of Sinbad e en 1977 con Sinbad and the Eye of the Tiger.

Nesta cuarta aventura no cinema, Sinbad e mais a súa tripulación atopan unha furna máxica e son transportados a outro planeta por un cruel e vingativo demo árabe que leva atrapado na furna miles de anos e quere vingar-se do primeir oque a abra.

O produtor executivo Barry Schneer revelou que Rogue of Mars será a primeira entrega dunha nova triloxía que tentará levar o persoaxe a unha nova xeración de fans: “Estou emocionado por continuar o abraiante legado que meu tío, Charles Schneer, escomezou con 7th Voyage e levar á pantalla o filme de Sinbad que el e mais Ray Harryhausen nunca poideron facer“.

Sinbad é dende sempre u ndos títulos mais populares no noso catálogo, que tamén inclúe Wrath of the Titans e Jason and the Argonauts“, dixo Darren G. Davis, editor de Bluewater Comics. “Cértamente présta-se para ser un filme importante e de alto presuposto“.

O creador do cómic, Paul J. Salamoff, autor da aclamada saga de banda deseñada Logan’s Run: Last Day, será o encargado de escribir o guión, traballo polo que seica recebirá unha cifra de seis números.