O Capi recurta o seu título

0
136

O vindeiro filme do Capitán América que está a preparar a Marvel Studios, Captain America: The First Avenger, terá que recurtar o seu título a simplemente The First Avenger en vários países cando sexa estreado este verán, segundo confirmaron fontes da produtora.

E todo porque seica o nome de América, que para os españois é só o nome de dous continentes, non é precisamente popular en diversos países do mundo, onde o Capi deberá disimular que é o representante da superpoténcia que venceu a guerra fría. Así, en Rúsia, Ucraina e mais Corea do Sul o título do filme sufrirá este recurte. A decisión, de todos os xeitos, foi xustificada pola produtora coma o resultado da investigación de estudos de mercado, que aconsellaron a modificación, que segundo din, non se debe a problemas por sentimentos políticos.

Os estudos, nombergantes, preferiron salientar a parte positiva, e é que son só tres países onde haberá que modificar o título. Así, mália os sentimentos negativos que a política americana no mundo esperta en case todos os países do planeta (agás eles mesmos, básicamente) o Capitán América é un heroe recoñecido por si mesmo e non se verá demasiado afectado polo mal nome do seu país.

O filme ten prevista a súa estrea mundial durante as derradeiras dúas semanas do mes de xullo e a primeira de agosto.