Olsen baixo as Luces Vermellas

0
194

A actriz Elizabeth Olsen, que actualmente está a colleitar excelentes críticas pola súa interpretación no recente thriller Martha Marcy May Marlene, ven de decidir cal será o seu seguinte proxecto: o thriller Red Lights para a Versus Entertainment.

Sigourney Weaver interpreta a unha psicóloga adicada a casos de actividade paranormal que a levan a coñecer a un médium de fama mundial (Robert De Niro) e a algunhas revelacións abraiantes.

Olsen fará o papel dunha estudante da psicóloga, mentres que Cillian Murphy, de quen xa sabíamos que participaría neste proxecto, será o seu namorado.

O responsábel de Buried, o español Rodrigo Cortés, será o director, guionista e produtor, neste último caso xunto a Adrian Guerra. A rodaxe levará nove semanas e escomezará axiña en diversas localizacións en España e Canadá.