Dúas semanas despois de que semellara que ninguén estaba interesado no proxecto, a NBC ven de anunciar que vai contratar ao creador de Boston Legal, David E. Kelley, para que se encargue do relanzamento de Wonder Woman na pequena pantalla.
A produtora Warner Bros. TV fixéra-se co guión de Kelley e ofrecéra-o a diversas canles de televisión a princípios deste mes, pero moitos rexeitaron a ideia (entre eles a NBC) porque non podían afrontar os gastos de licxenciamento precisos para controlar o persoaxe do xeito que Kelley previra.
O que mudou agora é que o novo drama de avogados de Kelley, Harry’s Law, ven de se estrear e nada menos que con 11 millóns de espectadores, dándo-lle á NBC o liderato das audiéncias por primeira vez nun ano dende as Olimpiadas. Así que os directivos xa ven con millores ollos a Kelley, que quere tirar adiante a ideia de Wonder Woman ou Princesa Diana no papel dunha vixilante contra o crime nas rúas de Los Angeles e ao mesmo tempo como “executiva de éxito nunha empresa importante e muller moderna que tenta equilibrar todos os elementos da súa extraordinária vida“.