Olmos dirixirá o novo filme de Galactica

0
211

Edward James OlmosVéñen-se de facer públicos novos detalles do vindeiro filme que se está a proxectar, baseado na série de televisión Galáctica. Segundo puido saber NOVA FANTASIA, o actor Edward James Olmos porá-se esta vez na cadeira de director para realizar esta longametraxe de case dúas horas de duración.

O filme escomezará a se rodar xusto despois do remate da actual cuarta tempada da série na tele e contará cun guión de Jane Espenson a partir dunha ideia orixinal de David Wheddle e Bradley Thompson. A equipa composta por Wheddle e Thompson planeaba escribir o guión eles mesmos pero hai pouco que foron contratados para a série CSI, o que lles impediu continuar adiante coa ideia por motivos de axenda.

Segundo fontes internas, o filme estará protagonizado por Aaron Douglas, Dean Stockwell, Katie Sackoff, Grace Park, Michael Hogan e Michael Trucco, e rumoréa-se que estará centrado nos malvados Cylóns, ainda que o argumento fica sendo un segredo. Tampouco se sabe dentro de que espazo situará-se a película dentro da liña temporal da série de televisión.