Daniels entra no Looper

796

Jeff Daniels, Piper Perabo e Noah Segan son os novos actores que veñen deunir os seus nomes ao reparto que protagonizará Looper, o vindeiro filme de acción e ciéncia-ficción dirixido por Rian Johnson para a DMG Entertainment e mais a Endgame Entertainment.

A história vai sobre un grupod e asasinos que envía os corpos das súas vítimas atrás no tempo, o que llesasegura a impunidade total. Joseph Gordon-Levitt, Bruce Willis, Emily Blunt, Paul Dano e Xu Qing son os outros membros xa confirmados do reparto.

Parte do filme estaba ambientado en Franza, pero a rodaxe mudou-se para China, e o guión tivo que seadaptar a esta nova ciercunstáncia, polo que agora os eventos terán lugar nunha China a 60 anos no futuro, cando o país asiático se convertera na principal superpoténcia e se inventara an as viaxes no tempo.

Johnson (The Brothers Bloom) dirixe un guión escrito por el mesmo. A rodaxe debe escomezar a semana que ven en New Orleans.