Se Batman Begins rodou algunhas escenas clave en Islándia (ainda que na película dicía-se que era China) e O Cabaleiro Escuro foi rodado parcialmente en Hong Kong, agora a capital de Roménia, os país dos vampiros, Bucuresti, podería ter a súa pequena oportunidade de aparecer na saga de Batman grazas a The Dark Knight Rises.
Os xornais romaneses informan que os produtores da película atopáron-se recentemente coas autoridades municipais para discutir os termos dunha posíbel rodaxe no centro histórico de Bucuresti, na rúa Edgar Quinet e no Palácio do Parlamento.
O director Christopher Nolan visitou de xeito non oficial as minas de sal en Turda en Roménia o mes pasado. O mesmo que coas dúas anteriores entregas, agárda-se que a meirande parte da rodaxe teña lugar no Reino Unido e mais en Chicago ainda que though The Dark Knight Rises xa creou oficinas de produción en Los Angeles, onde tamén se rodarán algunhas escenas. Ademais, Detroit tamén foi mencionado coma lugar de rodaxe.