A volta do Anano Vermello

0
201

O actor e cómico inglés Craig Charles ven de confirmar que a série de televisión de ciéncia-ficción de culto Red Dwarf terá unha nova tempada, con seis episódios, para o ano que ven.

A série durou oito tempadas dende 1988 a 1999. E agora, dez anos despois, a canle de televisión inglesa Dave encargou un especial de tres partes do programa co título Back to Earth, que se emitiu en abril do ano pasado e atraiu a mais de tres millóns de espectadores, mais que a BBC2 e mais a Channel 4 xuntos durante a mesma franxa horária, mália que as críticas non foron moi positivas para a nova reunión dos antigos protagonistas.

Red Dwarf foi unha sit-com inglesa de ciéncia-ficción creada por Rob Grant e Doug Naylor que deu orixe a unha franquía que se extendeu pola rádio, libros e diverso merchandising. O seu tema de ciéncia-ficción era mais ben unha excusa para facer humor escatolóxico pero a ideia central era a dunha nave espacial que alberga ao derradeiro ser humano vivo, un holograma, un gato, e unha série de persoaxes estrafalários.

O seu éxito de audiéncia levou á canle Dave a facer outro pedido da série e Charles será o encargado de leva-la a cabo: “veñen de encargar outra tempada de Red Dwarf. Imos filmar a finais de novembro, decembro e xaneiro… Imos recapturar as cousas mais salientábeis coma a série 5, a série seis, esa clase de cousas. Se podemos chegar a esa meta entón xenial. Non hai motivo para face-lo seé un pouco aburrido“.

Charles confirmou que os coprotagonistas Chris Barrie, Danny John-Jules e Robert Llewellyn estarán todos de volta. De feito, Llewellyn xa respondeu ás novas no seu blog, engadindo que os episódios “non serán un especial nin un telefilme ou algo así. Seis episódios completos de média hora dunha série totalmente nova” coa ideia de poñe-lo en antena para 2012.

Na produtora ainda dubidan se rodar os episódios fronte a unha audiéncia real, tal e coma fixeron en Back to Earth, o que obviamente racharía coa liña habitual da série e podería desbotar calquera posibilidade de sacar a série en vídeo posteriormente.