Twilight con dragóns

0
199

O guionista Nick Pustay (Ramona and Beezus, Aquamarine) ven de ser contratado pola Mandalay Pictures para adaptar ao cinema a novela fantástica para adolescentes Firelight, escrita por Sophie Jordan.

A história, que moitos describen coma un “Twilight con dragóns”, está protagonizada por Jacinda, unha rapaza que é unha “draki”, unha descendente de dragóns que pode metamorfosear-se en humana, e a quen lle piden que case con alguén da súa mesma espécie.

Pero cando a nai de Jacinda decida mudar-se a vivir entre seres humáns por motivos de seguridade, a rapaza pon á súa família en perigo ao se namorar dun rapazolo que é membro dunha sociedade secreta de cazadores de dragóns.

Cathy Schulman será a produtora. Pustay tamén está a traballar nestes intres na adaptación doutra novela fantástica para adolescentes ao cinema: Shiver, na Unique Features.