Instrumentos Mortais

0
199

Agárda-se que o actor inglés Alex Pettyfer (I Am Number Four) escomece a negociar esta semana para sefacer co papel principal na adaptación ao cinema da série de novelas sobrenaturais de Cassandra Clare The Mortal Instruments por parte da Screen Gems.

A primeira entrega, City of Bones, vai sobre unha rapaza adolescente normal chamada Clary Fray (Lily Collins) que se enteira de que é a descendente dos Cazadores de Sombras (os Shadowhunters), un clan de cazadores de demos que perseguen e matan ás criaturas que vagan senlleiras polas rúas de New York.

Pettyfer interpretaría ao sarcástico cazador de sombras Jace Wayland, o namorado de Clary, posuidor dun terríbel segredo. Scott Charles Stewart (Priest) será o director deste filme, que ten previsto escomezar a rodaxe en marzo, se ben para elo deberán primeiro chegar a un acordo con Pettyfer.

Jessica Postigo encargou-se de adaptar o guión, mentres que Robert Kulzer, Michael Lynne e Robert Shaye serán os produtores.