Inception, nominada para 8 Oscars

0
325

A Académia de Cinema de Hollywood fixo onte públicas as súas candidaturas para os prémios Oscar deste ano, e tal e coma se agardaba, Inception acadou oito nominacións, se ben entre elas abraiantemente non está a de millor director para Christopher Nolan.

Inception foi nominada para os prémios á dirección artística, cinematografía, banda sonora orixinal, millor película, edición de són, mistura de són, efectos especiais e guión orixinal, pero Nolan, o derradeiro responsábel de todo o anterior, nin tan sequera foi relembrado á hora de presentar aos millores directores do ano.

Pola súa banda, Darren Aronofsky, cuxo filme Black Swan recebiu cinco nominacións, si que está na listaxe dos candidatos á recebir á estatuíña de millor director. Natalie Portman, a protagonista, será candidata a millor actriz.

Toy Story 3 levou outras cinco nominacións, e competirá con Inception, Black Swan e outros sete filmes que aspiran a ser a millor de 2010 cando sexan entregados os Oscar o vindeiro 27 de febreiro.

Outra das grandes decepcións dos afeccionados é a auséncia do grupo Daft Punk entre as millores bandas sonoras, polo seu traballo en Tron: Legacy. No seu lugar foi escollida a obra de John Powell por How To Train Your Dragon.