O regreso triunfal de Duke Nukem Forever

0
240

A 2K Games e mais a Gearbox Software anunciaron o pasado día 21 que o lendário heroe Duke Nukem fará por fin, 13 anos despois, o seu regreso triunfal ao mundo dos videoxogos nas plataformas Xbox 360, PlayStation 3 e Windows PC o vindeiro 3 de maio nos Estados Unidos e o día 6 do mesmo mes no resto do mundo.

Mália a súa antigüidade, Duke Nukem é unha das marcas mais salientábeis, populares e recoñecíbeis no mundo da indústria dos videoxogos de ciéncia-ficción e terror. Irreverente, non-políticamente correcto e moi macho, Duke Nukem é o heroe perfecto para patear os cús dos malos dentro dos arquetipos de videoxogos violentos de hoxe en día. E nesta ocasión non se privará de aparecer co seu cigarro na boca, rodeado de rapazas lixeiras de roupa e mais violento e agresivo ca nunca. Tanto, que o seu vídeo trailer de presentación oficial aparece pixelizado en moitas zonas para evitar que sexan visíbeis os atributos das rapazas (e os do heroe tamén).

Duke Nukem é unha série de videoxogos que escomezaron en 1991 e centradas no seu protagonista, Duke Nukem. Orixinalmente creado por Apogee Software Ltd./3D Realms coma saga para o PC, a franquía expandeu-se para outras consolas co paso do tempo e foi versionada por outras empresas. En 2010 os dereitos da franquía foron vendidos á Gearbox Software.

O xogo Duke Nukem Forever levaba sendo anunciado dende 1997, un ano despois de que Duke Nukem 3D volvera arrasar unha vez mais entre todos os amantes dos xogos de disparo en primeira persoa, e agora por fin seica póde-se cumprir a promesa do seu lanzamento… ainda que para estar seguros, haberá que agardar a maio.