Viggo sae con Branca Neves

0
160

Viggo Mortensen (Aragorn en O Señor dos Anéis) está en conversas para protagonizar Snow White and the Huntsman na Universal Pictures.

O guionista Evan Daugherty, o director Rupert Sanders e mais o produtor Joe Roth están xa vencellados de xeito definitivo a este proxecto, unha versión do clásico conto de fadas que expande o papel do cazador (Mortensen). Tom Hardy e Michael Fassbender foran anteriormente vencellados a este mesmo papel.

Cando a malvada raíña Ravenna (papel para o que están a negociar a incorporación de Charlize Theron) ordéa-lle levar á súa afillada Brancaneves ao bosque e mata-la, o cazador Eric decide no seu lugar deixa-la marchar e converter-se no seu mentor, para aprender-lla a loitar e a sobrevivir.

O papel de Branca Neves ainda debe pasar polo cásting, se ben algunhas fontes internas dos estudos afirman que os produtores desexan atopar unha nova face, algo semellante ao que a Paramount acadou con éxito no seu filme True Grit grazas á descoñecida Hailee Steinfield.

Nombergantes, outras fontes afirman que a actriz protagonista de Twilight, a insípida ídolo de adolescentes Kristen Stewart, podería estar atrás deste papel, o que aseguraría que os rapaces acodiran masivamente ao cinema para ver o filme.

Riley Keough, Felicity Jones, Alicia Vikander e Emily Browning xa pasaron por probas para o mesmo papel, se ben seica ningunha acadou convencer ao director. A rodaxe deberá escomezar este verán e a estrea deberá producir-se o 21 de decembro de 2012.