Fassbender aborda a Prometheus

0
203

O actor alemán Michael Fassbender será definitivamente o protagonista, xunto a Noomi Rapace, de Prometheus o vindeiro filme de Sir Ridley Scott na 20th Century Fox.

Deseñado orixinalmente para ser unha precuela do clásico Alien de 1979 do mesmo director, o proxecto foi-se modificando co paso das semanas e agora xa se mira mais coma unha saga de ciéncia-ficción de seu, mais ou menos baseada no orixinal que lanzou á fama ao director inglés.

Fassbender (Jonah Hex, X-Men: First Class) será quen faga o papel do androide. Xa o ano pasado lle ofreceran participar nesta produción, pero tan só agora, despois dunhas negociacións que foron mais duras do agardado, aceptou poñer a súa sinatura ao contrato e entrar no reparto.

O filme tiña prevista a súa estrea para marzo de 2012, pero finalmente esta non será até o 8 de xuño dese mesmo ano.