As voces dos Gardiáns

0
171

Chris Pine, Hugh Jackman, Jude Law, Alec Baldwin e Isla Fisher serán os actores que lle presten as súas voces aos protagonistas do filme épico de debuxos animados en 3D da DreamWorks Animation Rise of the Guardians.

A película será a adaptación ao cinema da série de novelas para nenos de William Joyce The Guardians of Childhood, que ainda non foron publicadas, pero que van sobre os heroes das lendas infantís, cada ún con extraordinárias habilidades, e todos xuntos unidos nun equipo de superheroes.

Así, cando Pitch (Jude Law), un malvado espírito semellante ao home do saco, se decida a presentar a súa candidatura para conquistar o mundo, os immortais Gardiáns unirán as súas forzas por primeira vez para protexer as esperanzas, crenzas e imaxinacións dos nenos do mundo.

Pine fará o papel do boneco de neve Jack Frost, Jackman será Bunnymund (o coelliño de Páscoa), Baldwin é North (Santa Claus) e Fisher será Tooth (a Fada dos Dentes). Pine sustitúe neste filme a Leonardo DiCaprio, quen fora anteriormente vencellado ao papel.

O guionista gañador dun prémio Pulitzer David Lindsay-Abaire encargou-se da adaptación dos libros ao cinema. Peter Ramsey será o director e Guillermo del Toro e Michael Siegel os produtores executivos. A estrea deberá producir-se en 2012, pero ainda non hai fixada unha data.