Cavill é o novo Superman

0
221

Xa é oficial: Henry Cavill interpretará a Clark Kent e a Superman na vindeira película de Zack Snyder e Christopher Nolan que relanzará ao Home de Aceiro no cinema.

O nome do actor inglés, coñecido sobre todo pola súa participación no reparto da série Os Tudor, estivera xa na boca de todos cando o director anteriormente vencellado ao proxecto, McG, estaba á fronte do mesmo, pero ao final non se puido facer co papel, que foi parar a Brandon Routh cando o director Bryan Singer tomou as rendas da anterior longametraxe. O actor e modelo, de 27 anos, tamén foi candidato a se converter en James Bond xunto a Daniel Craig e Sam Worthington cando estaban á procura dun nome que o interpretase en Casino Royale.

A nota de prensa oficial da Warner Bros. Pictures e mais a Legendary Pictures non engade moitos mais datos, limitándo-se a relembrar os nomes dos que xa están a bordo do proxecto.

O filme será dirixido por Zack Snyder, quen salientou que “No panteón de superheroes, Superman é o persoaxe mais coñecido e reverenciado de todos os tempos, e eu estou honrado de ser parte do seu regreso á pantalla grande. Tamén quero unir-me á Warner Bros., á Legendary e aos produtores para decir que estamos moi emocionados polo casting de Henry. El é a elección perfecta para se poñer a capa e o escudo do S“.

Charles Roven, Emma Thomas, Christopher Nolan e Deborah Snyder son os produtores do filme, que conta cun guiónde David S. Goyer baseado nunha história do mesmo Goyer e de Nolan. Thomas Tull e Lloyd Phillips serán os produtores executivos.

Cavill vend e rematar a súa participación na rodaxe de The Cold Light of Day e será o vindeiro protagonista de Immortals, un filme que se estreará en outono.

A nova entrega de Superman ten prevista a súa estrea para decembro de 2012, e xa conta con acordos de distribución coa Warner Bros. Pictures.